Limpeza de cutis
O estrés, a polución, unha alimentación inadecuada e a falta de tempo afectan a pel a distintos niveis, desde a aparición de imperfeccións ata o envellecemento prematuro. Para contrarrestar estes efectos, é fundamental manter unha rutina de coidado facial diaria. No noso centro de Beleza en Santiago de Compostela queremos axudarche a conseguir unha pel uniforme, radiante e sa.
As limpezas faciais non só buscan a eliminación de impurezas, células mortas, puntos negros, comedóns… Para nós teñen múltiples obxectivos: o diagnóstico, a rexeneración celular, a prevención de problemas cutáneos e o tratamento da pel tanto a curto como a longo prazo.
A nosa limpeza facial inclúe:
- Diagnóstico detallado previo: onde analizaremos de maneira exhaustiva as necesidades específicas da túa pel.
- Limpeza profunda e exfoliación, seguida da aplicación de vapor de ozono para abrir os poros e facilitar a extracción.
- Extracción manual meticulosa.
- Aplicación de principios activos adaptados a cada tipo de pel, enriquecidos con aceites esenciais de primeira calidade.
- Mascarilla específicamente indicada ás características da pel.
- Masaxe enfocada a un dobre beneficio: mellorar a circulación e tonificación da pel, e conseguir efectos positivos para o benestar emocional. Potenciados polos beneficios da aromaterapia, esta experiencia convértese nun tratamento integral único que actúa a nivel físico e emocional.
Contamos cunha alta cosmética de gran calidade, de mans de firmas de gran prestixio como Germaine de Capuccini, Alquimia, Massada…
Coa nosa limpeza facial, non só lograrás unha pel máis saudable, senón que tamén optimizarás os resultados dos tratamentos faciais futuros, asegurando unha maior efectividade no coidado da túa pel.
Limpeza facial (antiacné)
O tratamento estético en cabina baseado en cosmoceútica profesional, ofrece unha limpeza profunda e especializada en peles con acné, que renova, regula e restaura, equilibrando o ph da pel. A súa acción combina a eficacia de ingredientes de alta calidade, o que o converte nun procedemento enérxico e á vez suave, altamente efectivo.
Grazas á súa innovadora formulación, este tratamento foi deseñado para abordar problemas específicos da pel, como o acné, axudando a reducir a aparición de brotes, minimizando os poros dilatados e controlando o exceso de graxa. Ademais, a súa acción antiinflamatoria e purificante contribúe a mellorar a textura da pel, deixando un acabado máis uniforme e libre de impurezas.
A eficacia deste tratamento sostense no uso de principios activos avanzados, entre os que se destacan:
A acción enzimática do deeping, que promove unha exfoliación suave e eficaz, eliminando as células mortas sen irritar a pel, favorecendo a rexeneración e mellorando a absorción dos activos posteriores.
A arxila vermella, un compoñente clave na regulación da produción de sebo, capaz de eliminar o exceso de graxa sen provocar deshidratación, equilibrando así a pel mixta ou graxa. As súas propiedades antiinflamatorias axudan a reducir o arroibamento e a irritación, favorecendo unha pel máis calmada e uniforme.
As biomembranas de lévedo, que desempeñan un papel esencial na rexeneración celular e no fortalecemento da barreira cutánea. Ao actuar como un reforzo natural, melloran a capacidade da pel para reter a hidratación, protexéndoa de agresións externas e mantendoa máis resistente, flexible e luminosa.
Un aliado clave no coidado continuo da pel.
Este tratamento non só proporciona unha limpeza profunda no momento da súa aplicación, senón que tamén actúa como o complemento perfecto tras un tratamento de limpeza de cutis, asegurando que a pel manteña seu equilibrio natural e continúe beneficiándose dos seus efectos a longo prazo. A súa acción prolongada axuda a potenciar e manter os resultados obtidos, evitando a reaparición de impurezas e garantindo un coidado constante que preserva a saúde e beleza cutánea.
Ideal para peles con tendencia graxa, acneica ou simplemente para quen busque unha hixiene facial profesional de alto rendemento.
Fotorexuvenecemento
No noso Centro de Beleza en Santiago de Compostela poderás descubrir esta técnica que utiliza como terapia a Luz Pulsada Intensa (IPL).
Este tratamento estético non invasivo está deseñado para mellorar visiblemente a apariencia da pel, combatendo os signos do envellecemento como as engurras, a textura irregular e outros danos causados pola exposición ao sol e o paso do tempo.
Mediante a estimulación da renovación celular e a produción de coláxeno e elastina nas capas máis profundas da pel, o tratamento logra un efecto de recheo natural que proporciona á pel un aspecto máis rexuvenecido, firme e luminoso.
Os resultados deste tratamento céntranse en varios aspectos clave da saúde e do aspecto da pel: reducir poros dilatados, atenuar engurras e liñas de expresión, reafirmar e tonificar os tecidos, mellorar o grosor da derme conseguindo unificar o seu tono, e un efecto tensor inmediato e a longo prazo.
Esta técnica consolidouse como unha solución eficaz para abordar unha variedade de imperfeccións cutáneas, sen necesidade de recorrer á cirurxía, ofrecendo unha alternativa menos invasiva.
É importante resaltar que, para optimizar os resultados deste tratamento, é fundamental seguir unha rutina de protección solar diaria e complementar o procedemento cunha pauta cosmética domiciliaria, que potencie os efectos obtidos na sesión.
Germaine de Capuccini

Pigment Therapy (Antimanchas)

Timexpert Radiance C+

Timexpert Hydraluronic

Timexpert Lift (IN)

Excel Therapy O2
Pigment Therapy (Antimanchas)
Pigment Therapy de Germaine de Capuccini é un tratamento innovador que combate eficazmente as manchas na pel, logrando resultados visibles con total seguridade, alta tolerancia e efectividade.
Este sistema despigmentante intensivo está deseñado para limitar a sobreproducción de melanina. O tratamento distínguese pola súa combinación de 18 principios activos de gran efectividade, potenciados pola acción do nanopolímero patentado HLG, que mellora a penetración e eficacia dos ingredientes na pel. Ademais, incorpora a avanzada tecnoloxía Mesoboost que optimiza a absorción de activos.
Pigment Therapy non só reduce o número, tamaño e intensidade das manchas, senón que tamén prevén a súa reaparición, unificando o ton da pel e devolvéndolle luminosidade e uniformidade. Este tratamento convértese nunha solución integral para quen busque corrixir manchas solares, melasma ou hiperpigmentación postinflamatoria.
Para acadar resultados óptimos e prolongados, ademais do tratamento en cabina, recoméndase unha cosmética domiciliaria de continuidade, que complementa e potencia os efectos do tratamento profesional. Esta rutina personalizada e específica para cada tipo de pel é esencial para manter os resultados e asegurar a máxima efectividade no tratamento das manchas.
Timexpert Radiance C+
Timexpert Radiance C+ é unha terapia innovadora de Vitamina C deseñada especificamente para o rexuvenecemento facial, onde a túa pel recuperará luz e vitalidade. Actúa como un potente estímulo antienvellecemento, ofrecendo resultados visibles e inmediatos, mellorando a apariencia e saúde da pel desde a primeira sesión.
Co seu alto poder antioxidante, Timexpert Radiance C+ combate eficazmente os radicais libres, prevén o fotoenvellecemento e estimula a síntese de coláxeno, o que favorece a firmeza e elasticidade da pel. Este tratamento é especialmente eficaz en peles apagadas, estresadas ou con ton cetrino. Ademais, unifica o ton da pel, converténdose nun aliado perfecto para mellorar diferentes hiperpigmentacións.
A fórmula deste tratamento baséase nunha sinerxía de ingredientes de alta eficacia, entre os que se inclúen Vitamina C Pura, Vitamina E, Ácido Ferúlico e o Nanopolímero HLG, que potencia a acción da Vitamina C Pura, multiplicando a súa eficacia ata seis veces.
En só unha sesión, este tratamento logra unificar o ton da pel, mellorar a hidratación e textura, e atenuar as liñas de expresión, deixando o rostro radiante, cun extra de luminosidade e frescura.
Está altamente recomendado en calquera época do ano, especialmente en períodos de fatiga ou durante os cambios estacionais, cando a pel necesita un reforzo de vitalidade. Timexpert Radiance C+ é o tratamento perfecto para deslumbrar en ocasións especiais ou se buscas un tratamento de Vitamina C profesional en Santiago de Compostela
Timexpert Hydraluronic
Timexpert Hydraluronic de Germaine de Capuccini é unha terapia facial innovadora que ofrece unha hidratación profunda e un recheo cosmético de máximo nivel, revolucionando o concepto de defensa natural cutánea. Este tratamento avanzado está deseñado para combater a deshidratación, restaurando os niveis óptimos de humidade e proporcionando unha pel visiblemente máis rechea, firme e revitalizada.
O ácido hialurónico achega unha hidratación profunda a nivel celular, mellora a elasticidade, firmeza e densidade cutánea, ao tempo que atenua liñas de expresión e engurras. Ademais, restablece os niveis óptimos de humidade formando unha película na superficie da pel e prevenindo a perda de auga.
A eficacia do ácido hialurónico adquire unha nova dimensión grazas a HLG (a patente exclusiva de Germaine de Capuccini), que eleva os seus beneficios ao máximo expoñente ao combinarse cos 3 pesos moleculares do ácido hialurónico. Xuntos, actúan en perfecta sinerxía para devolverlle o volume e a vitalidade ás peles deshidratadas, ofrecendo resultados visibles e duradeiros.
Timexpert Hydraluronic é a terapia facial de hidratación profunda e recheo cosmético para todo tipo de peles, mesmo as máis sensibles (apto para pacientes oncolóxicos).
Timexpert Lift (IN)
Descubre unha nova era de firmeza con este tratamento lifting sen cirurxía en Santiago de Compostela.
Timexpert Lift (IN) representa un novo concepto na procura da firmeza que, emulando ao lifting cirúrxico, achega un resultado global desde 3 vectores de rexuvenecemento: eleva, enche e tensa.
O Programa Avanzado de Firmeza e Densidade está deseñado para restaurar a xuventude e vitalidade da pel desde diferentes áreas clave:
- A firmeza restáurase. Os trazos elévanse.
- As engurras vólvense menos visibles.
- Os volumes do rostro énchense e reposiciónanse.
- O óvalo redefine o seu contorno proporcionando un efecto lifting natural e rexuvenecedor.
O seu segredo? V-Matrix, un complexo de alto rendemento programado para actuar desde a raíz do problema, reconstruíndo a malla que forma o entramado da derme. O lifting xérase no interior para facerse visible no exterior.
Experimentarás un tratamento en cabina altamente efectivo que mellora a elasticidade da pel, reducindo a flacidez e aumentando a densidade para lograr un rostro máis firme e definido.
Sinte a túa pel rexuvenecida, radiante e uniforme.
Excel Therapy O2
O reforzo antipolución para a pel.
Excel Therapy O₂ é un tratamento antienvellecemento de última xeración baseado na simbiose de activos enfocados na defensa e rexeneración da pel. A súa fórmula exclusiva bloquea o dano causado pola contaminación atmosférica, solar, doméstica e dixital, protexendo a túa pel de agresións externas.
Baixo o método coreano “Bubble Mask”, proporciona unha potente carga de osíxeno puro grazas ao seu sistema liberador de O₂ en formato xel, que actúa a nivel celular. Conséguese así unha pel máis resistente e cunha maior capacidade de rexeneración.
Grazas á fusión de MPC-Defense e Ácido Hialurónico de alto peso molecular, este tratamento reforza as defensas da pel e crea unha barreira protectora que a illa das agresións externas.
Este é o teu tratamento se notas a túa pel asfixiada ou manifesta falta de vitalidade…
Consegue con Excel Therapy O₂ unha pel detoxificada, desconxestionada, osixenada e protexida. A túa pel suave e luminosa hoxe, para asegurar unha aparencia rexuvenecida e chea de vitalidade mañá.
Enderezo
Rúa Hortas, nº 59-B Bajo
15705 Santiago de Compostela
Horario
M-V: 10 a 14h y 17 a 21:30h
S: 10 a 18h - Domingo e luns pechado
Copyright © 2025 Isabel Iglesias Centro de Belleza | Diseño web Impulsa Dixital


