Limpeza das costas
A limpeza das costas en Santiago de Compostela é un tratamento estético destinado a mellorar a saúde e o aspecto da pel nesta zona do corpo. As costas son unha zona propensa á acumulación de impurezas, exceso de sebo… polo que este tratamento convértese no ideal para mantela coidada.
Utilizamos vapor de ozono para abrir os poros e facilitar a eliminación de impurezas. Conseguiremos ademais controlar o exceso de graxa, mellorar a textura e aspecto da pel e preparala para tratamentos adicionais.
Este tratamento integral non só limpa profundamente, senón que inclúe unha masaxe relaxante. Contamos con aliados de primeira calidade, aceites esenciais puros, que non só nutren e suavizan a pel senón que promoven o equilibrio emocional.
As túas costas merecen un coidado especial. Goza dunha limpeza profesional e converte este tratamento nunha experiencia de benestar única para o teu corpo e mente.
Masaxe linforelax
Benestar e terapia danse a man con este servizo de 45 minutos de duración.
A masaxe linforelax fusiona maniobras de masaxe relaxante e linfática creando a fórmula perfecta para unha experiencia única.
Ao integrar a aromaterapia durante o tratamento, a masaxe transfórmase nunha experiencia única, potenciando os beneficios terapéuticos das masaxes coas innumerables propiedades dos aceites esenciais. Entre as súas principais vantaxes inclúense:
- Relaxación profunda
- Alivio da dolor e tensión muscular
- Mellora da circulación sanguínea e linfática
- Efecto detoxificante
Este tratamiento é ideal para quen busca un momento de desconexión e desexan coidar o seu corpo desde o interior.
Queremos ofrecerche unha experiencia personalizada adaptada ás túas necesidades e preferencias, por iso poñemos á túa disposición diferentes tipos de masaxes: corporal completo, costas, pernas…
Agasállate un momento de benestar! Reserva a túa masaxe hoxe mesmo e goza dunha experiencia relaxante e revitalizante.
Peeling e hidratación corporal
Buscas unha pel máis suave, luminosa e revitalizada? O peeling corporal profesional en Santiago de Compostela é unha excelente opción.
O peeling e hidratación corporal é un tratamento estético integral que combina a exfoliación profunda da pel cunha posterior nutrición, axudando a mellorar a súa textura, saúde e aspecto.
Cunha duración de 1 hora, este tratamento está deseñado para ofrecer múltiples beneficios. Grazas á exfoliación, lograremos eliminar impurezas e células mortas. Ademais, estimula a rexeneración celular, mellora a absorción dos produtos cosméticos e deixa a pel visiblemente máis suave, hidratada e luminosa.
Este tratamento pode realizarse en calquera época do ano, aínda que resulta especialmente beneficioso antes e despois do verán. Prepara a pel para a exposición ao sol e axuda a recuperar súa vitalidade, restaurando a hidratación e protexéndoa dos efectos do sol.
Se buscas unha pel máis saudable, radiante e rexuvenecida, este tratamento é a opción perfecta para ti. Non agardes máis para descubrilo!
Enderezo
Rúa Hortas, nº 59-B Bajo
15705 Santiago de Compostela
Horario
M-V: 10 a 14h y 17 a 21:30h
S: 10 a 18h - Domingo e luns pechado
Copyright © 2025 Isabel Iglesias Centro de Belleza | Diseño web Impulsa Dixital


