Estética de pés básica
Na rutina diaria de coidado persoal, os pés adoitan quedar en segundo plano. Porén, a realidade é que o coidado dos pés vai máis alá da estética, xa que esta parte do corpo ten un impacto directo na nosa mobilidade, saúde física e benestar.
No noso centro de estética en Santiago de Compostela, realizamos un tratamento intensivo dunha hora de duración onde trataremos o pé a nivel global (uñas, cutículas e durezas), previndo molestias e mellorando a saúde do pé. É unha opción perfecta para o coidado dos teus pés día a día.
Este tratamento mellora a textura da pel, diminuíndo as calosidades e evitando uñas encravadas. Ademais, favorece a circulación sanguínea e achega aos teus pés un descanso extra.
Finalmente, a beleza nos pés non pode faltar, polo que che lembramos que poderás complementar este tratamento coa aplicación tanto de esmaltes tradicionais como semipermanentes.
Estética de pés completa
Con esta terapia integral de hora e media de tratamento, sumarás aos beneficios da estética de pés básica un tratamento de exfoliación e hidratación profunda, garantindo un coidado completo e personalizado.
Tras o tratamento de uñas, cutículas e durezas, realizaremos unha exfoliación e un posterior baño de parafina, acompañado dunha masaxe relaxante e revitalizante. Así, conseguiremos uns pés saudables, suaves e coidados mentres desfrutas dunha profunda sensación de relaxación e benestar.
Este tratamento é compatible co esmaltado tradicional e semipermanente.
Descubre o noso tratamento de pés máis completo. Concederte este tempo para ti é moito máis ca un capricho: é un investimento na túa saúde e benestar.
Manicura Brazzcare
A manicura Brazzcare en Santiago é o noso tratamento de mans por excelencia, unha técnica especializada que non só embelece as túas uñas, senón que tamén coida profundamente a saúde das túas mans. A través dunha combinación de hidratación e nutrición, este tratamento axuda a restaurar a suavidade e a elasticidade da pel, ao tempo que fortalece e embelece as uñas.
Son múltiples os beneficios que ofrece fronte a outras técnicas tradicionais:
- Hixiene e seguridade: ao tratarse dun tratamento sen auga, e ao incluír útiles dun só uso (luvas, lima e pauciño de laranxeira).
- Reforzo da barreira cutánea: protexe a pel fronte a factores externos e axuda a mantela suave e saudable a longo prazo.
- Hidratación e nutrición da pel: as luvas conteñen activos como calcio, árbore do té, vitamina E, urea… que fortalecen as uñas, hidratan a pel e promoven a súa rexeneración.
- Compatibilidade cos esmaltes: a fórmula contén un polímero que mellora a adherencia e durabilidade do esmalte.
Estes aspectos fan da manicura Brazzcare unha opción innovadora, eficiente e beneficiosa para quen busca un coidado das mans completo e de alta calidade.
A manicura non ten só unha finalidade estética, senón que tamén é esencial para a saúde. Por iso, no noso Centro de Beleza este tratamento está dispoñible tanto para mulleres coma para homes.
Esmaltado semipermanente de mans e pés
O esmaltado semipermanente é unha técnica de secado inmediato que combina as vantaxes do xel e do esmalte tradicional. Converteuse na opción perfecta para quen busca uñas impecables durante máis tempo.
Este tratamento integral comeza cun coidado exhaustivo da uña e da pel que a rodea, un paso fundamental para asegurar uns resultados óptimos e duradeiros.
A continuación, aplícase un esmalte que seca baixo unha lámpada LED, o que non só acelera o proceso, senón que tamén mellora a durabilidade e resistencia do esmalte. Esta técnica ofrece un acabado brillante e profesional, que é máis resistente e duradeiro.
Contamos cunha ampla variedade de cores para que poidas elixir a que mellor se adapta ao teu estilo, personalidade e a calquera ocasión.
É importante lembrar que, para manter a saúde e o estado das túas uñas, esta técnica require un retirado meticuloso do produto, que realizamos de forma profesional no noso centro. Así, asegurámonos de que as túas uñas permanezan en perfecto estado, sen danar a súa estrutura natural.
Loce unhas uñas perfectas por máis tempo co noso esmaltado semipermanente!
Reconstrucción de uñas danadas con acrílico
Uñas mordidas, uñas danadas por traumatismos…? ¡Temos a solución!
No noso centro de uñas en Santiago de Compostela, ofrecemos o tratamento de reconstrución de uñas con acrílico, que é un procedemento especializado que permite crear ou reparar unha uña modelándoa sobre unha natural. Esta técnica é a ideal para devolver ás túas uñas un aspecto funcional, saudable e estético.
Grazas ao acrílico, obterás un resultado natural, cunha gran durabilidade e resistencia. Ademais, actúa como unha capa protectora que protexe a uña mentres medra, reducindo o risco de roturas e axudando a manter a súa integridade.
No noso Centro de Beleza, comprometémonos a ofrecerche o mellor. Por iso, o noso produto de uñas acrílicas é completamente seguro, eficaz e da máis alta calidade. Está formulado para garantir un acabado impecable e duradeiro, coidando sempre a saúde das túas uñas.
Enderezo
Rúa Hortas, nº 59-B Bajo
15705 Santiago de Compostela
Horario
M-V: 10 a 14h y 17 a 21:30h
S: 10 a 18h - Domingo e luns pechado
Copyright © 2025 Isabel Iglesias Centro de Belleza | Diseño web Impulsa Dixital


