Electroepilación (Depilación Eléctrica)

Somos un centro de referencia en Santiago de Compostela con máis de 25 anos de experiencia nesta especialidade. A nosa ampla experiencia permítenos ofrecer aos nosos clientes un tratamento de depilación altamente especializado e seguro con resultados eficaces e definitivos.

Esta técnica precisa que consiste en inserir un filamento de alta precisión no folículo piloso permítenos, a través de distintos tipos de corrente eléctrica, eliminar de forma definitiva todas as estruturas responsables do crecemento do pelo, logrando resultados definitivos.

Contamos como aliado coa tecnoloxía de última xeración XCELL PRO, un equipo exclusivo e único a nivel mundial que garante un tratamento 100% seguro e eficaz. Esta tecnoloxía avanzada utiliza técnicas altamente efectivas que nos permiten ofrecer resultados óptimos en menos tempo e con maior precisión.

A electroepilación (depilación eléctrica) é altamente efectiva en todo tipo de pelo, desde os máis finos ata os máis grosos, incluindo pelo rubio ou branco, e é apta para todo tipo de pel, incluindo aquelas tatuadas, bronceadas ou con vitíligo. Grazas á súa versatilidade, este tratamento garante resultados excepcionais, axustándose ás necesidades particulares de cada cliente, tanto en homes como en mulleres que buscan depilación definitiva en Santiago de Compostela

DI ADEUS AOS PELOS NON DESEXADOS!

Fotodepilación IPL (Luz Pulsada Intensa)

O noso tratamento de fotodepilación IPL (Luz Pulsada Intensa) en Santiago de Compostela é seguro, rápido, eficaz e preciso. Trátase dunha técnica baseada na aplicación de pulsos de luz de alta instensidade que se dirixen á melanina do pelo, destruíndo o folículo piloso e as células xerminativas responsables do crecemento do novo pelo. Grazas a este proceso, logramos unha eliminación permanente do pelo non desexado.

Esta técnica é adecuada para todo tipo de peles e pódese utilizar tanto en homes como en mulleres, garantindo resultados óptimos e duradeiros.

Tras varias sesións conseguiremos o resultado perfecto grazas á combinación co noso sistema avanzado de depilación eléctrica, que complementa á perfección o tratamento ao eliminar aqueles pelos sen melanina, como os brancos ou rubios, que a luz pulsada non pode tratar de forma efectiva.

Este enfoque integral garante unha depilación máis completa, eliminando incluso os pelos máis difíciles.

A solución definitiva para unha pel perfecta libre de pelo!

Depilación tradicional

No Centro de Beleza Isabel Iglesias, o teu centro de estética en Santiago de Compostela, contamos cun equipo de profesionais especializados en depilación tradicional, que utilizan ceras de primeira calidade para asegurar unha experiencia cómoda e efectiva.

Grazas á súa experiencia e ao uso de produtos de formulación avanzada, conseguimos reducir ao máximo as molestias durante a eliminación do pelo de raíz, deixando a pel suave e hidratada.

O resultado deste tratamento é máis duradeiro, xa que a depilación debilita progresivamente o pelo, evitando que se enquiste e garantindo un acabado perfecto. Ademais, a nosa técnica respecta en todo momento a integridade da pel, asegurando que se manteña no seu mellor estado tras cada sesión.

No noso centro ofrecemos tanto o servizo de cera quente de baixo punto de fusión como cera tibia, adaptándonos ás necesidades e preferencias de cada cliente. Ambos métodos son eficaces e seguros, e permiten unha depilación precisa e confortable.

A depilación tradicional é a alternativa temporal, sempre que non se considere a súa eliminación de xeito definitivo (Depilación eléctrica, Luz Pulsada Intensa…)

Enderezo

Rúa Hortas, nº 59-B Bajo
15705 Santiago de Compostela

Horario

M-V: 10 a 14h y 17 a 21:30h
S: 10 a 18h - Domingo e luns pechado

Copyright © 2025 Isabel Iglesias Centro de Belleza | Diseño web Impulsa Dixital

Scroll ao inicio